DATOS NA REDE, TAREFA 5


1. Por que non é bo dar mais información persoal da necesaria?
Porque pode haber consecuencias como as seguintes: recibir spam, a túa seguridade e
 privacidade pódense ver en risco, pode ser vítima de extorsións e chantaxes e se das datos
 doutras persoas estas poden denunciarte.


2. De que deben informarche quen solicita datos persoais?
Débenche informar do fin para o cal os teus datos van ser empregados, debes ter dereito de
 información, como exercer os teus dereitos, se a través deses datos que ti das van facer un 
perfil e se isto che afectará e canto tempo van gardar os teus datos.


3.Que é o dereito ao esquezo?
É un concepto relacionado co Habeas Data e a protección de datos persoais, o dereito á honra, 
intimidade e imaxe. En aplicación deste concepto, fanse solicitudes de supresión, bloqueo ou
 desindexación de información que se considera certa pero obsoleta ou non relevante polo transcurso
 do tempo.


4. Que é a navegación privada? Que riscos evita?
É un opción persoal de navegación que che posibilita unha navegación privada, de tal forma que ao 
saír dela non queda nada de rastro dos sitios visitados no noso navegador e ordenador.
Evita que as páxinas que visitamos sexan gardadas no historial de búsqueda nin no de navegación
 e polo tanto impide que se mostren.
Ademais, co podo privado conseguimos que cando pechamos a fiestra, as cookies, contrasinais 
gardadas e outos datos locais da sesión sexan eliminadas de forma automática. O único dato que 
se gardará serán os sitios favoritos que almacenemos e os arquivos que descarguemos.




5. Que medidas podes adoptar para minimizar os riscos cando usas un navegador?
Prestar atención ás alertas proactivas que se mostren mentres navegamos para alertarnos
Verificar a URL do sitio web ao que ingresan para asegurarse de que sexa exactamente a páxina 
á que desexan acceder.
Comprobar que se encontre presente a lenda https.A "s" significa que é seguro e que a conexión
 está protexida.
Que son as cookies?
Son arquivos creados por un sitio web que contén pequenas cantidades de datos e que se envian 
entre un emisor e un receptor.


6. Que tipo de información non deberías publicar nos teus perfís?
Hai certas informacións que non debes publicar nos teus perfís como: datos persoais, contrasinais,
 número de teléfono, datos bancarios, a onde vas de vacacións, etc.


7. Cales son as estratexias de engano na mensaxería instantánea?
As estratexias de engano que empregan os ciberdelicuentes son as seguintes:
Mensaxes de contactos que non coñecemos.
Ligazóns a páxinas web.
Bulos e mensaxes en cadea.
A mensaxe alarmista no que che piden facer algo.
Piden información privada.
As mensaxes que coteñen premios, cupóns o sorteos.


8. A que outros riscos te expoñes cando empregas aplicacións de mensaxería instantánea?
1. Robo de contas aproveitando erros na rede
2. Borrado inseguro de conversacións.
3. Difusión de información sensible durante a conexión inicial.
4. Perigo de descarga de whatsapp de 'markets' no oficiais.
5. Ataque de phishing empregando a versión web de whatsapp.
6. Almacenamento de información na base de datos.

Comentarios

Entradas populares